Páxinas

mércores, 16 de xullo de 2014

Malcolm in the middle

Nesta ocasión homenaxeamos a unha serie máis moderna. Malcolm in the middle comezou a transmitirse no 2000 e rematou no 2006, logo de 7 tempadas.

Unha das comedias máis estrañas que conoñecín. Na miña opinión, en España non alcanzou a fama que se merece. É moi boa, se non a coñecedes meu consello é que a vexades.

A serie consiste na loita por sobrevivir dun adolescente superdotado chamado Malcolm, no medio duhna familia disfuncional de clase media estadounidense. O tema dos episodios varía moito, desde simples exames na escola, feroces batallas entre os membros da familia, a episodios nos que Malcolm debátese entre a nenez e a adolescencia, o que lle confunde ainda máis; a maior parte das veces o principal problema reside na incapacidad de quenes están a cargo de comportarse de forma verdadeiramente normal o racional .

venres, 11 de xullo de 2014

McGiver

Esta é unha desas series que no seu tempo (tamén dos 80) parecíanme caralludas, agora cando a vexo penso que é ridícula e repetitiva.
Hai que recoñecer que foi unha fonte de inspiración moi importante para a creatividade da xente, todo o mundo que coñece a serie fixo chistes sobre o protagonista e a súa habilidade para fabricar dispositivos moi útiles partindo de chicles e clips.

É dun corte moi parecido a "El equipo A", a diferencia radica en que aquí hai un único protagonista e nesta, non aparece Ana Obregón. Aseméllanse sobretodo en que  trata de axudar ós bos e rematar cós malos só usando a súa intelixencia e nunca mata a ninguén.

V

Por petición popular, esta segunda entrada será para unha serie tamén dos 80 que, grazas ó impacto que tivo nas nosas vidas, no 2009 rexurdiu cunha nova versión, non tan exitosa coma a orixinal.
A imaxe máis clara no meu recordo, é a de Diana (a mala malísima) comendo un rato. Pareciame divertido.
 
Sinopse:
O noso planeta é "visitado" por extraterrestres de apariencia humana. Parvos de nós, cremos o conto que traian de que viñan a pedirnos axuda para conseguir recursos naturais, e que a cambio puñan ó noso dispor a súa tecnoloxía.
Un grupo de humanos decatáronse das verdadeiras intencións dos aliens, que non eran tan boas como facían ver. Crearon entón un grupo da resistencia para loitar e desenmascarar ós visitantes, que realmente eran reptís que conseguían parecer humanos grazas a unha especie de máscaras de látex. Unha secuencia que tamén queda gravada na mente é a primeira vez que se ve a pel de lagarto asomando trala falsa cara de humano.

xoves, 10 de xullo de 2014

Magnum P.I.

 

MAGNUM P.I.

Non podiamos iniciar este blog doutra forma que adicando unha entrada á serie que marcou a nosa infancia.
Foi unha sorte poder disfrutar da televisión dos 80, xa que comezaba unha nova época na que emitíanse series que xa poderiamos considerar "de culto".
Grazas ó éxito acadado por Magnum P.I., Tom Selleck fíxose moi famoso polo que Steven Spielberg e George Lucas pensaron nel para encarnar a Indiana Jones. Isto non foi posible polo contrato que o actor firmara coa CBS para interpretar a este investigador tan particular.
Para quen non teña o pracer de coñecer esta marabilla da televisión, e para o recordo dos que puidemos disfrutala, resumímolo argumento da mesma.
Thomas Magnum é un investigador privado que traballa para un patrocinador misterioso, Robin Masters. Éste é un escritor afamado ó que Magnum axudou nalgunha ocasión, polo que o millonario autor cédelle o uso da súa mansión en Hawai e o seu ferrari vermello. Alí convive co mordomo, Higgins, e dous dobermans, Zeus e Apollo, cós que o asistente ameazaba ó investigador.

Trátase dunha serie cómica que todo o mundo debería ver.