MAGNUM P.I.
Non podiamos iniciar este blog doutra forma que adicando unha entrada á serie que marcou a nosa infancia.
Foi unha sorte poder disfrutar da televisión dos 80, xa que comezaba unha nova época na que emitíanse series que xa poderiamos considerar "de culto".
Grazas ó éxito acadado por Magnum P.I., Tom Selleck fíxose moi famoso polo que Steven Spielberg e George Lucas pensaron nel para encarnar a Indiana Jones. Isto non foi posible polo contrato que o actor firmara coa CBS para interpretar a este investigador tan particular.
Para quen non teña o pracer de coñecer esta marabilla da televisión, e para o recordo dos que puidemos disfrutala, resumímolo argumento da mesma.
Thomas Magnum é un investigador privado que traballa para un patrocinador misterioso, Robin Masters. Éste é un escritor afamado ó que Magnum axudou nalgunha ocasión, polo que o millonario autor cédelle o uso da súa mansión en Hawai e o seu ferrari vermello. Alí convive co mordomo, Higgins, e dous dobermans, Zeus e Apollo, cós que o asistente ameazaba ó investigador.
Trátase dunha serie cómica que todo o mundo debería ver.
enhoraboa polo blog! non recordo ben a serie xa que a vin moi pouco. Espero con ansia as entradas de Cheers, Mash e outras
ResponderEliminarMoitas grazas, Geral.
ResponderEliminarTomo nota das tuas series.
Impresionante, quién no recuerda a Tom Selleck con su bigote y su bello en el pecho cuando la bebida del hombre era Soberano, aquí se produce el punto de inflexión del macho iberico a metrosexual. Gracias a esta maravillosa serie Magnum, que grande?. Un saludo.
ResponderEliminarMoi boa serie...meu personaxe favorito era Higgins coa sua flema inglesa e os seus modeliños tipo xeneral Tapioca..., a verdade unha gran serie!!!
ResponderEliminar