Por petición popular, esta segunda entrada será para unha serie tamén dos 80 que, grazas ó impacto que tivo nas nosas vidas, no 2009 rexurdiu cunha nova versión, non tan exitosa coma a orixinal.
A imaxe máis clara no meu recordo, é a de Diana (a mala malísima) comendo un rato. Pareciame divertido.
Sinopse:
O noso planeta é "visitado" por extraterrestres de apariencia humana. Parvos de nós, cremos o conto que traian de que viñan a pedirnos axuda para conseguir recursos naturais, e que a cambio puñan ó noso dispor a súa tecnoloxía.
Un grupo de humanos decatáronse das verdadeiras intencións dos aliens, que non eran tan boas como facían ver. Crearon entón un grupo da resistencia para loitar e desenmascarar ós visitantes, que realmente eran reptís que conseguían parecer humanos grazas a unha especie de máscaras de látex. Unha secuencia que tamén queda gravada na mente é a primeira vez que se ve a pel de lagarto asomando trala falsa cara de humano.
Outra gran serie dos oitenta...o episodio do rato tivo gran repercusion na sociedade española, hai que recordar que daquela os indices de audiencia eran enormes por que so habia duas ou tres canles. A verdade e que foi unha serie moi intelixentemente argumentada, a pouca xente se lle escapa o parelelismo que existia coa segunda guerra mundial onde podemos identificar os aliens invasores como os nazis da Alemaña do III Reich, e a resistencia...bueno coma a resistencia que houbo en moitos paises durante a invasion dos nazis.
ResponderEliminar@ozo del bosque. Tes razón, pero xa non quixen entrar máis alá do contido da serie como instrumento de entretemento.
EliminarSegún wikipedia:
"El creador de la serie, Kenneth Johnson revela que Invasión Extraterrestre originalmente fue concebida como un programa acerca de situaciones de la política, relacionado con el ascenso al poder de un movimiento estilo Nazi en los Estados Unidos. NBC no estuvo interesada pero sí buscaba hacer una miniserie de ciencia ficción para aprovechar la explosión publicitaria de la reciente trilogía de la Guerra de las Galaxias, por lo que se le pidió a Johnson que arreglara su guion para incluir extraterrestres."
que certo!!
Eliminar